Respirou fondo e sentouse detrás do instrumento. Os recordos seguían abrumándoo e a súa cabeza, cada vez estaba mais chea de imaxes. Non tiña ningunha partitura diante, pero axiña, as notas daquela canción apareceron na súa mente. De pronto, notou coma unha antaruxa, cas súas bruxarías, movíalle os seús dedos sobre as teclas do piano. Acordouse do día que lle ensinaron aquela peza. Antonio non sabía tocar o piano, só sabia ese tema. Pero soaba de maravilla, de tantas veces que o había tocado.
Pechou os seus ollos, e mentres seguía tocando, retrocedeu no tempo ca mente. Sesenta anos atrás. Ao día que aprendeu esa canción.
Teresa, ela si que sabía tocar o piano, e con moita soltura e rapideza. Non fóra ao conservatorio nin a clases para aprender a tocalo. Todo o que sabía, aprendérano mirando a un empleado do hotel do seu pai. Chamábase Diego, e traballaba tocando o piano no restaurante do hotel. Non cobraba moito, pero el sempre dicía que era suficiente so con poder tocar ese precioso piano, xa que era o que mais lle gustaba facer no mundo. Polas tardes, cando non tiña escola, Teresa sentábase no piano e intentaba lembrarse de todas as teclas que Diego había pulsado a noite anterior. E asi, aprendeu.
Antonio e Teresa coñecéranse no hotel, cando el estaba a barrer o comedor do restaurante e ela estaba no piano desesperada por non lembrarse das notas. Antonio achegouse xunto ela e contoulle que el sempre había querido aprender a tocar o piano. Teresa, sin decir nada, fixo un xesto para que Antonio tomase asento ao seu lado. Ela empezou a tocar unha canción e cando rematou, colleu as mans de Antonio e as puso no piano. Mirouno e dixo: "agora tocate a ti". Antonio quedouse paspado mirando os seus ollos castaños.
Volveu ao presente e parou de tocar. Esa imaxe non podía borrarse da súa cabeza. Era como si estivese pegada nos parpados dos seus ollos. Non puido aguantar máis, e invadido pola melodía que ainda soaba na súa mente, os recordos e a morriña, rompeu a chorar. Miles de imaxes máis de Teresa comezaron a invadir a súa mente. Imaxes alegres, coma a do día en que se coñeceron, pero tamén tristes, o simplemente imaxes da súa vida cotiá. Ata chegar a última imaxe. A última vez que os seus ollos habían visto os preciosos ollos de Teresa. Pero esta vez, non puido contemplar o seu intenso cor marrón, xa que os seus ollos, estaban pechados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario